
PRESENTACION
Os municipios de Riotorto e A Pontenova históricamente están ligados ó ferro. Das minas era extraído e parte del ía parar ás ferrerías da zona. Dos seus mazos saían todo tipo de ferramentas que eran fabricadas con moito traballo polos artesáns que había nesta zona.
Por iso o nome da ruta é unha homenaxe á tantos homes que con gran esforzo traballaron na forxa e nas minas durante moitas xeracións e para todos os que seguen neste duro oficio.
O desafío do ferro nace da ilusión de dar a coñecer as moitas alternativas lúdicas, culturais e turísticas da zona e facer visible o seu legado histórico. É unha proba que atraerá a un gran número de participantes e ós seus acompañantes que, estamos seguros, pasarán un bo día desfrutando da proba e comprobando as diferentes alternativas de turismo que ofertan estes dous concellos.